DESCARGAR GRATIS

Feito A Man 2018

    • TIPO DE BÚSQUEDA
    DESCARGAR GRATIS

    Capturas de pantalla

    Descripción

    Feito a Man é un festival de rúa que nace no ano 2003 e que está organizado pola ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA nos espazos singulares da cidade de Santiago de Compostela.
    Durante o mes de agosto, Feito a Man deseña e pon en escena un ciclo continuado de actuacións no que caben actividades artísticas de diverso xénero: Música- Cabaret- Instalacións- Performance- Teatro- Dj´s, etc. Un festival de diversidade. Un fenómeno espacial onde interactúan os suxeitos dunha colectividade a través da creación.
    Coa app de Feito a Man terás acceso á información da axenda destas actividades artísticas (data e lugar de celebración) e poderás coñecer en detalle cada unha delas xunto cos artistas que as levan a cabo.
    Ademais, baseándose nas túas preferencias e intereses, propoñerache actividades que non deberías deixar de visitar se queres mellorar a túa experiencia dentro do festival.
    Como valor engadido a aplicación amósache tamén lugares de interese ós que acudir dentro da cidade de Santiago de Compostela.
    Tanto as actividades como os lugares de interese plásmanse nun mapa dentro da aplicación no que se permite calcular a ruta a seguir ata eles a través de diferentes medios. Deste xeito poderás organizar mellor o teu tempo para non perderte nada!